{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreibg6472cvat6skhze4afajtqzxfqrcb6juwdpoo4ws5bg6afdeedy",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mmgiluphmqt2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreihhmo5k74orubazoxkmpcn6j2yr2gts53olzjczfhlylhravzwd7e"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 92533
  },
  "path": "/articulo/cultura/espazo-lectura-feitizo-dos-libros/20260522095513257128.html",
  "publishedAt": "2026-05-22T07:55:13.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "CULTURA"
  ],
  "textContent": "O fomento da lectura ten unha dimensión humana capaz de transcender a racionalidade, por iso prende, como un feitizo, nos ollos das persoas. Probablemente ese sexa un dos motivos polos que, vinte anos despois da súa creación, Espazo Lectura se converteu nun insólito referente do activismo cidadán a favor do libro e a lectura, nun exercicio de xenerosidade compartida que se proxectou a través da ilusión e do entusiasmo.",
  "title": "Espazo Lectura: o feitizo dos libros"
}