{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreiffvbiu5jukipfinoe3z26io474wcjrzy5m45ici6pqxlybdxniya",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mmgbv4h4gni2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreibnpjdazqreinfljvowg6j7yvflbvuxcgegf6wunhev62ou6vqjxe"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 74942
  },
  "path": "/articulo/deportes/luis-casimiro-adestrador-do-breogan/20260522075622257075.html",
  "publishedAt": "2026-05-22T05:56:22.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "DEPORTES"
  ],
  "textContent": "Cando faltan dous partidos para rematar a liga regular na ACB, o Río Breogán está 10º na clasificación e con opcións de entrar nos play-off, aínda que non depende de si mesmo. Nesta altura, e en pouco tempo, o club anunciou a renovación do seu adestrador, Luis Casimiro, e de todo o seu corpo técnico. Ademais, a entidade luguesa informou de que continúan tres das pezas chave da tempada: Aleksandar Aranitovic, Mihajlo Andric e Francis Alonso. Nós Diario entrevista o técnico palentino para facer un balance da tempada e dar algunhas ideas de como está a preparar a seguinte campaña.",
  "title": "Luis Casimiro, adestrador do Breogán: \"Chegar até aquí con opcións de play-off xa é un éxito rotundo\""
}