{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreie2munb6vrxtkrd4nagpweeealrzaeq4pqp2po4u3v7tqho6hmk3e",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mma7g4p5lik2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreibz2sfre5aw7i5sgei3jitp4iz7hgbxcyooerkdkxuzfra34jelgy"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 99814
  },
  "path": "/articulo/social/gudina-recupera-trens-primeira-hora-grazas-presion-cidada/20260519203806256877.html",
  "publishedAt": "2026-05-19T18:38:06.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "SOCIAL"
  ],
  "textContent": "A Plataforma Dereito ao Tren celebrou a recuperación dos servizos ferroviarios de primeira hora na Gudiña, unha demanda da veciñanza e dos colectivos en defensa do transporte público. A entidade considera que a mobilización social e institucional foi clave para que Renfe rectificase e insiste en que continuará loitando por un tren “útil, digno e accesíbel” para o territorio.",
  "title": "A Gudiña recupera os trens de primeira hora grazas á presión cidadá"
}