{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreidhwxuxsqdo2nvvyzl47wmyz6kipfkax5fe2bdi5x7mzg637tnlmy",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mm7yp64kshm2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreiejjhchbqahz24m2peu6rgbqcohty6lhoozulhvheygwl7o6hsa34"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 69705
  },
  "path": "/articulo/politica/ernesto-filgueira-voceiro-do-bng-cerdedo-cotobade/20260519192450256860.html",
  "publishedAt": "2026-05-19T17:24:50.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "POLÍTICA"
  ],
  "textContent": "A aprobación no Senado dunha iniciativa da senadora do BNG, Carme da Silva, para impulsar a reforma integral da N-541 —cun novo asfaltado, medidas para o calmado do tráfico, a creación de pasos peonís seguros e unha mellora da iluminación, entre outras cuestións— volve situar no centro do debate unha das principais demandas históricas de Cerdedo-Cotobade. O portavoz da formación nacionalista no municipio, Ernesto Filgueira, valora positivamente este avance institucional e reclama actuacións \"urxentes\" para mellorar a seguranza, o firme e a integración da vía nos núcleos habitados, lembrando que “non todo ten que ser unha autoestrada” e defendendo un modelo de mobilidade compatíbel coa vida no rural.",
  "title": "Ernesto Filgueira, voceiro do BNG en Cerdedo-Cotobade: \"A reforma integral da N-541 era unha reivindicación histórica, levan anos parcheando o firme\""
}