{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreiaz3hbhltb635jgpm5qmv2t7t3r7bat3rfuo7x6fuhzmiqo57phxq",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mm7yozdyjzn2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreifmvzjd4syf2tlzecr3afb7vktv7pttrvkfxfitirfo5eiql2dybu"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 108821
  },
  "path": "/articulo/social/marina-israeli-aborda-barco-da-flotilla-que-navegaba-sandra-garrido-estou-preparada-nova-detencion/20260519171823256848.html",
  "publishedAt": "2026-05-19T17:53:07.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "SOCIAL"
  ],
  "textContent": "Israel puxo fin na tarde desta terza feira á nova Flotilla que pretendía rachar o bloqueo sobre a Faixa de Gaza para levar axuda humanitaria coa abordaxe ilegal dos 10 barcos que aínda non atacara e secuestrando os 70 activistas que ían a bordo, entre eles a galega Sandra Garrido. Son sete os galegos e galegas secuestrados por Israel. Mentres a nivel social organizáronse concentracións e mobilizacións de protesta, a Xunta da Galiza garda silencio.",
  "title": "Mutismo da Xunta ante o secuestro por Israel de sete activistas galegas"
}