{
"$type": "site.standard.document",
"bskyPostRef": {
"cid": "bafyreifezdqq3rwoevpc2ajxtfs6u56jhwu57ppnrj4vo6j7744jqp3y7a",
"uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mm7rz4sncti2"
},
"coverImage": {
"$type": "blob",
"ref": {
"$link": "bafkreietdq34pcg64il2xzafmb264sdlbi3tswjqcow7hbyxqpcoxfo5jy"
},
"mimeType": "image/jpeg",
"size": 140402
},
"path": "/articulo/traballo/persoal-do-metal-da-provincia-da-coruna-mobilizase-demanda-dun-convenio-digno/20260519180633256854.html",
"publishedAt": "2026-05-19T16:06:33.000Z",
"site": "https://www.nosdiario.gal",
"tags": [
"TRABALLO"
],
"textContent": "Os sindicatos CIG, CCOO e UXT celebraron o “éxito absoluto” da primeira xornada de folga no sector do metal da provincia da Coruña, cun seguimento masivo nas comarcas de Ferrolterra, Eume, Ortegal e Compostela. As centrais denuncian o bloqueo da negociación do convenio colectivo por parte da patronal e advirten de novas mobilizacións se non hai avances reais nas condicións salariais e laborais.",
"title": "O persoal do metal da provincia da Coruña mobilízase en demanda dun convenio digno: \"éxito absoluto\" en Ferrolterra"
}