{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreibqlfhffd3iscokg3wheyffjnnfjhh2mi4zgmchabcdmtjxrzm3vy",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mlqe5dyqzjx2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreiatmwmr3qlqcbdew77cp4ex57lqgu4cg55cxcxd5q64lebqdqxghm"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 18943
  },
  "path": "/articulo/social/medra-preocupacion-pola-seguridade-do-persoal-sanitario-agresion-duas-celadoras-do-hula/20260513131702256237.html",
  "publishedAt": "2026-05-13T11:17:02.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "SOCIAL"
  ],
  "textContent": "A agresión sufrida por dúas celadoras no servizo de Urxencias do HULA produciuse nun contexto de crecente malestar entre o persoal sanitario, que leva meses denunciando falta de persoal e escaseza de recursos. O incidente coincide ademais coas recentes críticas dos responsábeis dos servizos de Urxencias hospitalarias de até 11 hospitais da Galiza á xestión da Consellaría de Sanidade e ao \"bloqueo\" na contratación de profesionais.",
  "title": "Nova agresión nas Urxencias do HULA mentres os xefes do servizo de toda Galiza denuncian a \"nefasta xestión\" da Xunta"
}