Radiografía da balanza comercial: O déficit comercial galego cos Estados Unidos triplicouse desde o comezo da guerra arancelaria
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial]
May 7, 2026
Aínda que a exposición da economía galega ao mercado dos Estados Unidos é relativa, non deixa de ter unha influencia importante para determinados sectores, como o da automoción. Neste sentido, desde que Trump comezou a guerra arancelaria, o déficit comercial galego co país norteamericano triplicouse. Ademais, as vendas galegas ao país norteamericano reducíronse 36,4% desde que Donald Trump anunciou os chamados 'aranceis recíprocos'.
Discussion in the ATmosphere