{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreiad5ozxzsy5fkqrjfx6qt6cvd2uwh6hcrneucv55ws4zudcjwr7gy",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mjp75f5rasr2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreiafc3jslrgu4tumdkn7zlnsih3ucpflb55pqquoke5g2dtabfytta"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 32104
  },
  "path": "/articulo/entrevistas/duarte-correa/20260417163020253810.html",
  "publishedAt": "2026-04-17T14:30:20.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "Entrevistas"
  ],
  "textContent": "\"O imperialismo é unha fase do capitalismo\" que, segundo defende o profesor e analista internacional Duarte Correa no seu libro _O imperialismo no século XXI_(Tempo Galiza Editora), segue totalmente vixente e é a \"antítese da soberanía\". Tras a superación dun mundo unipolar cos EUA como único actor hexemónico capaz de impor as súas normas na sociedade internacional, Correa destaca como unha potencia en declive segue a manter as súas prácticas imperialistas. Así, repasa diferentes contextos e épocas dunha forma didáctica para explicar a evolución dun concepto controvertido.",
  "title": "Duarte Correa, desmontar o imperialismo"
}