{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreibc6rzwq67e2ygvxzkbl5czwfkc3vbjw2ytudiwsfezvxiazxqb2i",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mjncsmyhika2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreidraaes76znmmceex6sx7y2oluw66cpgl7ybucrk5hgtm7gnp3mxa"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 145819
  },
  "path": "/articulo/deportes/friburgo-esnaquiza-celta-ao-que-lle-toca-concentrarse-acabar-ben-liga/20260416213814253716.html",
  "publishedAt": "2026-04-16T19:38:14.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "DEPORTES"
  ],
  "textContent": "Cando a eliminatoria se encamiñaba cara a un set en branco, na última xogada do partido, Swedberg anotou o tanto da honra para o Celta e o marcador finalizou cun 1-3. O Friburgo foi claramente superior durante os 180 minutos de enfrontamento e ao equipo galego só lle queda concentrarse na Liga. Seis goles dos alemáns por un dos galegos durante a eliminatoria deixan fóra o Celta da Europa League.",
  "title": "O Friburgo esnaquiza un Celta ao que lle toca concentrarse en acabar ben a Liga"
}