{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreihqgq5dc3kvc5r5yeesecbykbxmm2me4ox4b6fznu2vp55orgewya",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mj5fxagtksp2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreicywey5lus7z2dpcc23s3zizrur7aqi447w7hhxa5wmexs7ayv6hm"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 109271
  },
  "path": "/articulo/cultura/moncho-reboiras/20260410151301253027.html",
  "publishedAt": "2026-04-10T13:13:01.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "CULTURA"
  ],
  "textContent": "A Comisión Organizadora das Homenaxes a Moncho Reboiras polo 50 aniversario do seu asasinato, formada por camaradas do dirixente nacionalista morto en 1975 en Ferrol e polas fundacións Moncho Reboiras, Galiza Sempre e Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas, realizou unha campaña de apoio popular para recoñecelo social e institucionalmente erguendo unha escultura en bronce a tamaño real de Reboiras que verá a luz o sábado 18 de abril na capital da Galiza. Carlos Fernández e Cuqui Piñeiro reciben Sermos Galiza no taller Arte e Bronce para dar a coñecer o proceso creativo.",
  "title": "Moncho Reboiras, en movemento, a pé de rúa e á altura da xente"
}