{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreibwgvazv3hveauyrwbsqka36u6s2vvak3nooodyuonhpyvysfq2oe",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mh76a4j7xla2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreigdopv627fse7rgehwwckxygbytwsyv6y3asva56or7gn6mgvgmei"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 62005
  },
  "path": "/articulo/politica/caamano-reconece-que-sergas-contrata-persoal-medico-especialidade/20260316195726250532.html",
  "publishedAt": "2026-03-16T18:57:26.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "POLÍTICA"
  ],
  "textContent": "Nos centros de saúde de Atención Primaria na Galiza hai persoal médico que non ten a especialidade necesaria —medicina familia e comunitaria— para traballar neles. Así o denunciou a CIG a semana pasada e así o recoñeceu esta segunda feira o propio conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, na súa comparecencia canda o presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, ao remate da reunión semanal do Goberno galego.",
  "title": "Caamaño recoñece que o Sergas contrata en Atención Primaria persoal médico sen especialidade"
}