{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreicrgi72acdegm6hrgx67o2x4pz7jsffebudvom7ghapcpvlq4354q",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mgpxfrdax6u2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreihvti5bnlqx5y5bnuswff6zdplin5z3ta77e2rgyi6n4em2xghdvu"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 81395
  },
  "path": "/articulo/traballo/cig-inicia-ferrol-actos-do-dia-da-clase-obreira-galega-chama-mobilizacion-toda-galiza-precariedade-carestia-da-vida/20260310175120249899.html",
  "publishedAt": "2026-03-10T16:51:20.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "TRABALLO"
  ],
  "textContent": "A CIG iniciou en Ferrol os actos do 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, cunha ofrenda floral no monumento que lembra o asasinato dos traballadores Amador Rei e Daniel Niebla en 1972. O sindicato nacionalista convoca 14 mobilizacións por todo o país para reivindicar traballo digno, denunciar a precariedade e manter “viva e vixente” a loita obreira que deu orixe a esta data.",
  "title": "A CIG inicia en Ferrol os actos do 10 de marzo e chama á mobilización contra a precariedade e a carestía da vida"
}