{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreihyfk4se3zal3amcafaajpmhaeakotlhfi3vwxbg4bgkrwdu3swiu",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mg64um5sl342"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreibc72tx7zkx3ril2eoiwsmt6xouraqwg4o5gfk2ix3y2kyxvkzmp4"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 79922
  },
  "path": "/articulo/traballo/cig-reivindicara-10-marzo-politicas-urxentes-precariedade/20260303161808249136.html",
  "publishedAt": "2026-03-03T15:18:08.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "TRABALLO"
  ],
  "textContent": "Con motivo do Día da Clase Obreira Galega o vindeiro 10 de marzo, a CIG organiza unha xornada de mobilizacións polo país para denunciar a \"precariedade e a desigualdade\" e promover \"un traballo digno\". En rolda de prensa explicaron os detalles destas xornadas e condenaron o ataque dos Estados Unidos e Israel sobre Irán e o auxe da extrema dereita que está a vivir o mundo a día de hoxe.",
  "title": "A CIG reivindicará este 10 de Marzo políticas \"urxentes\" contra a precariedade"
}