External Publication
Visit Post

A inminencia dun ataque dos Estados Unidos sobre Irán e a loita polo poder no cuarto traseiro do Partido Republicano

Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial] February 27, 2026
Source
Todos os sinais conducen a un camiño, a unha agresión dos Estados Unidos sobre Irán, e tamén á súa inminencia. A chegada do maior portaavións do mundo a Oriente Medio, as palabras expresadas por James David Vance, o anuncio da viaxe de Marco Rubio a Israel ou os movementos que están a realizar países como o Reino Unido e a China indican que o país persa é un lugar máis perigoso a cada minuto que pasa. Mais un ataque sobre Tehran é unha accións impredicíbel e moi arriscada para Donald Trump, e sobre o devir que esta poida provocar hai visións moi diversas no seo da Casa Branca.

Discussion in the ATmosphere

Loading comments...