{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreia46p7qjnr62m7l5gucaitkqgbfg62dlmjggzhghhynqqkawtriuu",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mfuop333bqk2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreiejqusvt5z2sn5jnkeagnickpf5gmo5vjbyi2ek62ngmoy2qzcz6y"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 50781
  },
  "path": "/articulo/social/arzua-principia-festa-do-queixo-record-expositores-actividades/20260227221758248786.html",
  "publishedAt": "2026-02-27T21:17:58.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "SOCIAL"
  ],
  "textContent": "A Festa do Queixo de Arzúa xa está en marcha e celebrando facer máis de medio século de vida. Esta sexta feira foi a primeira das tres xornadas dunha festa que este sábado, coa apertura das portas do recinto feiral ás 11 horas e a inauguración desta 51 edición, volverá centrar en torno a esta vila miles de persoas procedentes de toda Galiza e dispostos a gozar, ademais do queixo —estrela da feira—, dun amplo programa de actividades s propostas.",
  "title": "Arzúa principia unha Festa do Queixo con récord de expositores e actividades"
}