{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreihvl3qnsbl7ty56xqtzn2uomjyryw2uf47rj6gg2ufxlg3sb2yj6m",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mftn6mldd622"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreifltn4pgnl5jysk7cfv3sumwinckhyjhqqswtdjgctedc7inmlcsu"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 93332
  },
  "path": "/articulo/cultura/unto-vello-ver-xente-novina-da-nosa-idade-gusto-escoitarnos-marabilloso-son-futuro/20260227105907248693.html",
  "publishedAt": "2026-02-27T09:59:07.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "CULTURA"
  ],
  "textContent": "Do azar dun concerto de fin de grao a unha sala Capitol que esgotou as súas entradas en apenas unha semana. Esta é a historia de Unto Vello, proxecto de música tradicional galega de Bieito Pereira e Xabi Gómez. Orixinarios, respectivamente, de Brandeso (Arzúa) e Brens (Cee). Pereira adorna o grupo coa súa voz e percusión, mentres que Gómez, alén da voz e a percusión, tamén acompaña co acordeón. Sempre tendo como base as letras de recollidas, a agrupación pretende co proxecto o obxectivo de posibilitar o baile e influír entre os máis novos.",
  "title": "Unto Vello: \"Ver xente noviña con gusto por escoitarnos é marabilloso, son o futuro\""
}