{
"$type": "site.standard.document",
"bskyPostRef": {
"cid": "bafyreifb6i74jzff5hwcmcwn4l2u6el3zfbcnp6vjrf22ig5v5u77st4ry",
"uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mfkfsvmo23s2"
},
"coverImage": {
"$type": "blob",
"ref": {
"$link": "bafkreihqcfihiiq2acn2ky3fshorcxgry6slqrvhm22fzhtikkgp54qnlq"
},
"mimeType": "image/jpeg",
"size": 81667
},
"path": "/articulo/social/ferrol-ampliara-corpo-bombeiros-apos-criticas-incendio-recimil-criticas/20260223191514248241.html",
"publishedAt": "2026-02-23T18:15:14.000Z",
"site": "https://www.nosdiario.gal",
"tags": [
"SOCIAL"
],
"textContent": "O alcalde de Ferrol, José Manuel Rei Varela, anunciou esta segunda feira que o cadro municipal de bombeiros aumentará até os 50 efectivos en 2026. Fíxoo tras se coñecer a morte dunha das catro vítimas do incendio declarado a pasada quinta feira no barrio de Recimil e das críticas pola falta de medios que desde hai tempo denuncia o servizo de emerxencias.",
"title": "O Concello de Ferrol ampliará o corpo de bombeiros tras as críticas e o incendio de Recimil"
}