{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreigdvojjxpw5heivahwwd5th62jms3gywo57eh2r46o3ptn5v6ear4",
    "uri": "at://did:plc:i5hjh46ljv4cn5cmrbnc2hnj/app.bsky.feed.post/3mfkfsjmsd4w2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreic7uuxhshbejotpd3iwodjmjw5ry7lndvmpo4bazl4elnljwebyka"
    },
    "mimeType": "image/webp",
    "size": 36104
  },
  "path": "/articulo/traballo/ferido-traballador-nun-incendio-nunha-fabrica-produtos-quimicos-forcarei/20260223201120248277.html",
  "publishedAt": "2026-02-23T19:11:20.000Z",
  "site": "https://www.nosdiario.gal",
  "tags": [
    "TRABALLO"
  ],
  "textContent": "Un traballador resultou ferido con queimaduras este 23 de febreiro tras declararse un incendio nunha fábrica de produtos químicos situada no parque empresarial David Raposeiras, en Forcarei (Tabeirós-Terra de Montes). O operario tivo que ser evacuado en helicóptero medicalizado ao hospital.",
  "title": "Ferido un traballador nun incendio nunha fábrica de produtos químicos en Forcarei"
}