Anxos Fazáns: aprender a soltar
Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial]
February 6, 2026
Tres meses despois da súa estrea mundial na competición oficial do certame "Black Nights" de Talín (Estonia), o 20 de febreiro chega ás salas de cinema As liñas descontinuas , a segunda longametraxe de ficción de Anxos Fazáns (Seixo, Marín, 1992). Un filme construído arredor de dúas persoas que se encontran da forma máis inesperada e acaban por transformarse a unha á outra no curso duns poucos días de convivencia e (auto)descubrimento, a aceptación reveladora dos camiños que se abren por diante.
Discussion in the ATmosphere