{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreidpkqjwmdpxtgodd7kjbbvsu4zxc5a5rwje6ph22mcgzaju6v3c3m",
    "uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mpjcy3lz2gn2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreihbmoj3ajl7ew7tuf4etlbhkufvefsyw2gge5dcx226p3legqcv3q"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 645390
  },
  "path": "/gl/radio/conversas-na-ferreria-250-feira-taurina-da-peregrina_518627_102.html",
  "publishedAt": "2026-06-30T15:00:00.000Z",
  "site": "https://www.pontevedraviva.com",
  "tags": [
    "Radio",
    "Conversas na Ferrería"
  ],
  "textContent": "Coñecidos os carteis que compoñen a próxima Feira taurina da Peregrina en Pontevedra, as 'Conversas na Ferrería' abren micrófonos á afección. Nesta ocasión participan Alejandro Calvo, Raúl Martínez da Peña Miura, Paula Losada da Peña La Montera e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra. Primeira parada nos dous carteis previstos para os días 8 e 9 agosto, sobre os que achegan os seus pareceres. Expoñen opinións sobre a tempada taurina e estado do sector que continúa atraendo a máis novos, como tamén se comproba en Pontevedra. Falan do próximo evento máis inmediato que terá lugar este sábado 4 de xullo na praza de touros de San Roque. E para concluír, a Xeración do 27, alegato aos artífices e integrantes dunha xeración cultural que integrou nomes de diferentes disciplinas artísticas, incluído o toureo. (As declaracións de Rafael Alberti corresponden a unha entrevista para Canal Sur Televisión).",
  "title": "Conversas na Ferrería #250. Feira taurina da Peregrina 2026 (1)"
}