{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreihyz4sj66u63kej6h6cuu37boyyyhxd5ouxxm6tucwqinxmpyezrq",
    "uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mpew3mctpx32"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreicurbyvnyzwxhe6a5tgwr3nxbdn4bkehjtbsfzryoug3ormpx2fva"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 188468
  },
  "path": "/gl/radio/podcast-rock-progresivo-espanol-paisajes-progresivos_518421_102.html",
  "publishedAt": "2026-06-28T20:00:00.000Z",
  "site": "https://www.pontevedraviva.com",
  "tags": [
    "Radio",
    "Paisajes progresivos"
  ],
  "textContent": "'Paisajes progresivos' leva 77 episodios difundindo o rock progresivo e as súas bandas senlleiras. Chega o momento, de mirar o progrock patrio nunha primeira entrega. \"Houbo unha época e un contexto en que en España se facía moi boa música, cun nivel equiparable ao de grupos e bandas internacionais por parte dun puñado de xente valente e arriscada que puñan o valor artístico por encima de calquera outra consideración\", argumenta Alberto Pazo, produtor e condutor deste podcast. \"O seu éxito non transcendeu da forma que merecerían e aquela época de finais do setenta e principios do oitenta quedou nun preocupante esquecemento\". \"Si non ouvirades falar de bandas como Bloque, Crack, Asturcón, Selecta, Iceberg, Cotó en Pel, Gotic, Tarántula ou Imán, con estilos e propostas moi ricas, variadas e de gran calidade, agora é o momento de gozalas\". Continuará...",
  "title": "'Paisajes progresivos' #78. Históricos do rock progresivo español (1)"
}