{
"$type": "site.standard.document",
"bskyPostRef": {
"cid": "bafyreictcj36venpu6qe5mhqufdufnddjc6ezeysyxblbwvmlvumqaxosa",
"uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mo64g3ft5um2"
},
"coverImage": {
"$type": "blob",
"ref": {
"$link": "bafkreid4yl4rvhc3ftvo2aj2lo6jxkoyzzgyer5lft6k7fz55zokfy4vou"
},
"mimeType": "image/jpeg",
"size": 604489
},
"path": "/gl/radio/familia-xachoconto-ceip-san-xoan-bautista-cerdedo-cotobade_517987_102.html",
"publishedAt": "2026-06-13T10:34:47.000Z",
"site": "https://www.pontevedraviva.com",
"tags": [
"Radio",
"A familia Xachoconto"
],
"textContent": "Estudantes do CEIP San Xoán Bautista de Cercedo Cotobade dan por concluídas as sesións que o presente curso lectivo desenvolvéronse con 'A familia Xachoconto'. Unha proposta de fomento do hábito lector entre alumnado de Primaria e Secundaria e de achegamento aos medios de comunicación dixitais, que se plasma no podcast que está dispoñible para escoita e descarga. Nesta ocasión participaron quince nenas e nenos de 4º, 5º e 6º curso de Primaria do centro educativo. No que incumbe ás letras, expúxoselles a sinalada data do 17 de maio: que se celebra, por que, ou quen foi a primeira autora homenaxeada. Así, penetráronse na biografía de Rosalía de Castro a través dunha visita virtual á Casa Museo de Padrón. Tamén coñeceron á escritora que foi homenaxeada este 2026, Begoña Caamaño, a través de varios xogos interactivos.",
"title": "A familia Xachoconto. CEIP San Xoán Bautista (Cerdedo Cotobade)"
}