External Publication
Visit Post

Paisajes progresivos #74. Volvendo aos clásicos (4)

Pontevedra Viva. Toda a información e última hora sobre Ponteve… May 31, 2026
Source
Alberto Pazo, produtor e condutor deste podcast, regresa aos clásicos do rock progresivo. Para este episodio propón "lembrar as marabillas que, no seu momento, macaron época e que envelleceron moi ben despois de constituír referentes indiscutibles para bandas posteriores". Así, prepararse porque inclúe "Genesis, sempre unha garantía de calidade; os sons ásperos de Hawkwind; as paisaxes electrónicas de Tangerine Dream ou os colosais Pink Floyd". Aínda por riba, engade: "os sons rotundos de Rush; a emotividade e a contundencia de Banco do Mutuo Socorso; os mundos atormentados de Van der Graaf Generator; e a melancolía de Marillion". Todo isto é "case unha lección de historia para lembrar ou para aprender, en calquera caso, para quedar marabillados. Que o gocedes".

Discussion in the ATmosphere

Loading comments...