{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreiapzt7i5ei4fw5lfdj4fptdwrn7cqjfbx7ux5gickafhdi4htkmem",
    "uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mmovxmvhlvd2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreicazx7wu5l2lb3elqkhz7ovtclftnwdrhbykk7iq64nsypc4s3rga"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 1196224
  },
  "path": "/gl/radio/podcast-libros-arturo-do-burgo-malditos_517555_102.html",
  "publishedAt": "2026-05-25T15:00:00.000Z",
  "site": "https://www.pontevedraviva.com",
  "tags": [
    "Radio",
    "Cara a cara"
  ],
  "textContent": "'Malditos' é unha novela negra que calquera afeccionado ao xénero debería ler. Os crimes do libreiro van producíndose cada catro anos. Obra dalgún salvaxe perturbado. Nada novo na literatura deste xénero. Con todo a enxeñosa cabeza do escritor para o thriller fai que nada nin ninguén sexa o que parece e que até os pequenos detalles sexan transcendentes. Non só importa quen, tamén o por que, como. Non hai ningunha precisión máis sobre a trama na charla que o autor, Arturo del Burgo, mantén neste podcast. Premeditadamente, para que quen lea, chegue o máis inmaculado posible. 'Malditos' é a terceira novela deste avogado pamplonés. A primeira foi de corte histórico e o seu debut no thriller foi con 'No mientas'. Unha apelación máis: deberías lela.",
  "title": "Cara a cara #711. Arturo del Burgo con 'Malditos'"
}