{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreiglmfiocsjpewujv2fzfyx6mxhyo3ty53pxybzcrk23cxi4zowurq",
    "uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mmmsuyti7tc2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreihfbpskht3swsb2xz3y5dk2toipkq5aay2nxf2rarq55ignx4iixy"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 201190
  },
  "path": "/gl/radio/podcast-paisajes-progresivos-progrock-flower-kings_517350_102.html",
  "publishedAt": "2026-05-24T20:00:00.000Z",
  "site": "https://www.pontevedraviva.com",
  "tags": [
    "Radio",
    "Paisajes progresivos"
  ],
  "textContent": "Chega o episodio de 'Paisajes progresivos' para analizar o período máis recente da gran banda sueca The Flower Kings. Alberto Pazo, produtor e condutor do podcast explica que \"con diversos cambios nos seus compoñentes van afrontando un abandono progresivo das grandes suites e longos desenvolvementos instrumentais para centrarse en temas máis directos, curtos e aparentemente menos complexos, aínda que sempre sen perder o virtuosismo e a exquisitez da súa fórmula\". \"Aínda que é certo que hai signos de 'deja vu' nas súas composicións, o carácter inquieto, experimentador e incansable de Roine Stolt son garantía de que todo o que nos ofrecen sexa sinónimo de calidade musical, optimismo, actitude positiva e vitalista e, sobre todo, amor pola música de verdade\". \"Espero que gocedes desta ponte entre o pasado máis glorioso do rock progresivo e unha mirada cara adiante explorando novos territorios musicais\".",
  "title": "Paisajes progresivos #73. The Flower Kings (4)"
}