{
"$type": "site.standard.document",
"bskyPostRef": {
"cid": "bafyreickiam223dporhec5jvpsjdoh2ymurjsidq2md3sjzojhi3mn5wiq",
"uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mmcdjrnq3572"
},
"coverImage": {
"$type": "blob",
"ref": {
"$link": "bafkreifbkduqdmiro4mrlvffynpvwhqisf6tbttwh5yzvgqbi7kraezype"
},
"mimeType": "image/jpeg",
"size": 90622
},
"path": "/gl/radio/podcast-stuart-mudie-as-palabras-hitzak_517455_102.html",
"publishedAt": "2026-05-20T15:00:00.000Z",
"site": "https://www.pontevedraviva.com",
"tags": [
"Radio",
"Cara a cara"
],
"textContent": "Hitzak é a formación musical liderada polo escocés Stuart Mudie e cuxo espectáculo sobre os escenarios resume o seu propio nome: as palabras. Aúnan a interpretación instrumental, co 'spoken word' e a interpretación vocal. Músicalmente fan seu o folk e o rock. Proceden de París, aínda que os seus integrantes tamén conforman outra amálgama, como as súas actuacións. Os seus directos, de ton intimista, recalan estes días en varias cidades galegas. Vigo, Vilar de Santos, Santiago e Pontevedra, onde actuarán este sábado 23 en O Sanatorio con entrada participativa. Terminada a xira galega, regresarán a París para continuar coa gravación do que será o seu terceiro álbum e que esperan publicar o próximo outono. Stuart Mudie fala no 'Cara a cara' de Hitzak e do seu vínculo con Galicia. Para coñecer a súa música, abre o podcast o track 'Combarro'.",
"title": "Cara a cara #710. Stuart Mudie e as palabras de Hitzak"
}