{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreig42mju26iwmfziucz5r6godtgzqntbkgq7qudlcjwafvt64hqjdm",
    "uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mlz46ismtne2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreichzgte3waam6f4m6tljtspvzfa7xjvidnvjfdxzsgww4iptkemk4"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 601698
  },
  "path": "/gl/radio/podcast-ies-sanchez-canton-morgana-en-esmelle-begona-caamano_517220_102.html",
  "publishedAt": "2026-05-16T10:00:00.000Z",
  "site": "https://www.pontevedraviva.com",
  "tags": [
    "Radio",
    "A familia Xachoconto"
  ],
  "textContent": "Neste episodio de 'A familia Xachoconto' sobe a media de idade xa que os invitados son estudantes de primeiro curso de Bacharelato do Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra. Outra particularidade dos protagonistas desta ocasión é que forman parte do club de lectura do centro educativo pontevedrés. Durante a gravación do episodio estes mozos fixeron un diagnóstico dos seus hábitos de uso dos medios de comunicación, así como da súa percepción dos mesmos. Na parte de fomento da lectura, que promove igualmente este podcast, centráronse na análise de 'Morgana en Esmelle' de Begoña Caamaño. Unha lectura obrigada que tiveron no curso e que aproveitaron para profundar no club de lectura. Begoña Caamaño é este 17 de maio a muller que pon nome propio á celebración do Día dás Letras Galegas.",
  "title": "IES Sánchez Cantón e 'Morgana en Esmelle' de Begoña Caamaño"
}