{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreicxsyv7dim6ppga4qnbvdzpacmzxikxo6m4q5au2ynsjug7lvym6a",
    "uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mlvquflvxlw2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreibds4oifhgx6illrmtvqlxadpqf4aitpsqyqifhz7e4fgbvrwdruu"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 262678
  },
  "path": "/gl/radio/diez-lanzamientos-musicais-novidades_517134_102.html",
  "publishedAt": "2026-05-15T15:00:00.000Z",
  "site": "https://www.pontevedraviva.com",
  "tags": [
    "Radio",
    "Los diez lanzamientos"
  ],
  "textContent": "Este episodio trae varios lanzamentos cunha data sinalada no calendario, polo menos entre artistas galegos, as Letras Galegas. Homenaxeando esta lingua inclúese un track no álbum debut do pontevedrés Dani Piñeiro, nas súas 'Cartas al pasado' pecha con 'Voltar sempre'. Tamén se reivindican nesta data A Banda da Loba con referencia expresa en 'A Merlín' á autora Begoña Caamaño e o dúo coruñés Escuchando Elefantes publica o seu primeiro tema en galego, 'Arder'. Novidades do produtor gaditano Sardiné e da banda Basanta - galegos afincados en Sevilla - que traen 'Amanece'. Do proxecto que lidera Alberto Rodríguez, Los Acebos, hai un segundo avance do que será o seu próximo álbum. Colaboración de Julio Benavente coa que fose integrante de Las Chuches, Sara en 'Lola Flores'. Os nomes máis Z desta semana ponos Ruslana xunto a María Escarmiento e Mafalda Cardenal. E Carlos Sadness publicou o primeiro avance do seu próximo elepé, 'Arenal Sound'.",
  "title": "Lanzamentos cunha data sinalada"
}