{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreidfongr3y3z5i5pl3fsmndy44sxibk5mfp5l6vmnl4mxhg2o4kgbm",
    "uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mle5gk3qjyc2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreigwfenpsmicglwdmqwbkgs5376pgwa6chtt3rugm4uhxnvmq472pi"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 2089321
  },
  "path": "/gl/radio/pocast-diez-lanzamientos_517088_102.html",
  "publishedAt": "2026-05-08T15:00:00.000Z",
  "site": "https://www.pontevedraviva.com",
  "tags": [
    "Radio",
    "Los diez lanzamientos"
  ],
  "textContent": "Edición con múltiples colaboracións, algunha presentación en escena e álbums en solitario. Comezando polo final, Guille Galván, Guille Vetusta, xa ten o seu álbum, 'Nadie con ese nombre vive aquí'. A presentación en escena corresponde ao dúo galego Abril que conforman Claudia Abril e Mariña Carpente, adaptando melodías tradicionais presentan 'Medrar'. E no elenco de colabos: Galician Army con Mariagrep, De Ninghures e Mondra, Ortiga con Parquesvr e Edgar Oceransky con Pedro Guerra. Ademais novo elepé de Pachi García Alis e Branco Palamera; e avances de disco de Nita e Diatlov.",
  "title": "colaborando que é xerundio e soa ben"
}