{
"$type": "site.standard.document",
"bskyPostRef": {
"cid": "bafyreicsu7sisq3kulz226mqsqtvwzto62onksgbco4rizs6fwvuuujrxm",
"uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mj7rlwwjzz72"
},
"coverImage": {
"$type": "blob",
"ref": {
"$link": "bafkreiaikoiqga74xqxp6pttfqrkyvvx55kegpvbra4uejx2mvc26wrjj4"
},
"mimeType": "image/jpeg",
"size": 870297
},
"path": "/gl/radio/podcast-libros-marta-dahlgren-diario-do-paraiso-cara_516156_102.html",
"publishedAt": "2026-04-11T10:00:00.000Z",
"site": "https://www.pontevedraviva.com",
"tags": [
"Radio",
"Cara a cara"
],
"textContent": "'Diario do paraíso' é o debut como novelista de Marta Dahlgren. Sueca de orixe, con nacionalidade española desde 1964, dedicou boa parte da súa vida profesional á docencia e á tradución. A autora sinala que se trata dunha ficción aínda que estea inspirada na biografía dunha parella que decidiu asentarse no Pazo do Cadro de San Tomé de Piñeiro, en Marín. A xornalista sueca Christina Lilliestierna e o seu marido Jean Novial. O relato discorre en voz de Iria que 'ten dezaseis anos cando comeza a traballar nun pazo decadente e inabarcable, como criada para todo. Ela e o seu irmán, que é o xardineiro, traballan duro para que os misteriosos dona Ana e don Juan poidan sobrevivir\". Escrita en galego, é \"o diario da relación entre todos eles, un diario dun paraíso. Pero os paraísos terreais non duran para sempre\". Dahlgren toma distancia para escribir esta novela contemporánea na que emprazamento e protagonistas non foron alleos á súa propia vida. Para descubrilo, convidamos a escoitar o podcast que PontevedraViva Radio dedicou a Lilliestierna e o Pazo do Cadro.",
"title": "Cara a cara #700. Marta Dahlgren con 'Diario do paraíso'"
}