{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreih5csnpwthfdfdrbsvsz6zrfhofv2rmpsufii4fdowmf5c7cw4zqa",
    "uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3miyubig7yef2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreihsk4ggk55exaq6houuc5fbotdsrmtszjzsb3m4zygsmiapxzzhgq"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 246868
  },
  "path": "/gl/radio/podcast-ao-bordo-nova-orde-ou-desorde-mundial-cara_516113_102.html",
  "publishedAt": "2026-04-08T16:00:00.000Z",
  "site": "https://www.pontevedraviva.com",
  "tags": [
    "Radio",
    "Cara a cara"
  ],
  "textContent": "A xeopolítica mundial muda, que supón isto?, cara a onde imos?. Convidamos para falar respecto diso a Manuel Artime Omil. Profesor do Departamento de Filosofía e Filosofía Moral e Política da UNED. Un elemento determinante, con nome e apelidos é Donald Trump, pretende crear un imperio a calquera prezo?, que outros dirixentes pretenden o mesmo?. Que futuro teñen neste mapa mundial organizacións como a ONU, o FMI ou a OTAN?, quen pon e cumpre as normas?. Cal pode ser o futuro da UE?, por que actualmente hai máis autocracias que democracias?, que é o anarcocapitalismo?. É o momento de reforzar vínculos comunitarios?, nestes momentos convulsos, a relixiosidade benefíciase?. Son preguntas expostas neste podcast. Manuel Artime dirixe o curso 'A filosofía fronte ao momento xeopolítico' que comezará o 14 de abril na UNED",
  "title": "Cara a cara #699. Ao bordo dunha nova orde (ou desorde) mundial?"
}