{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreiazag5qhwanqypayw42ljm2jocpl4hyq47vohyfcs5vbhga3n44iy",
    "uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mh3sujaijs72"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreihiguptc6qlc4pdjujr4r3fw2dmlwfodbj7vu3zbvb5aqxje54egi"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 610370
  },
  "path": "/gl/radio/familia-xachoconto-ceip-cabanas-pontevedra_515370_102.html",
  "publishedAt": "2026-03-15T11:00:00.000Z",
  "site": "https://www.pontevedraviva.com",
  "tags": [
    "Radio",
    "A familia Xachoconto"
  ],
  "textContent": "Begoña Caamaño é o nome propio da próxima edición do Día das Letras Galegas. Tamén a persoa na que se centra este episodio do podcast 'A familia Xachoconto' no que participan alumnos de quinto curso do CEIP Cabanas de Salcedo, en Pontevedra. Este alumnado tivo ocasión de aprender que é a redacción dun xornal e como é o traballo diario que realizan os xornalistas de PontevedraViva. Seguidamente, no estudo de PontevedraViva Radio aprenderon que é unha emisora online, unha emisión en streaming e tomaron parte na gravación dun podcast. Durante a gravación coñeceron a biografía de Caamaño ou por que se celebra cada 17 de maio o Día das Letras Galegas. (A autoría do material didáctico para esta actividade corresponde ao Seminario Galán)",
  "title": "A familia Xachoconto. CEIP Cabanas de Pontevedra"
}