External Publication
Visit Post

'Los diez lanzamientos' 13 marzo 2026

Pontevedra Viva. Toda a información e última hora sobre Ponteve… March 13, 2026
Source
Semana un tanto anodina no que ao mainstream incumbe. Ponlle nome a italiana Laura Pausini que fai un bis respecto ao 'Yo canto' de 2006, publica un segundo álbum actualizando temas míticos de artistas latinos e españois en 'Yo canto 2'. Tamén actualizan un tema tradi as Tanxugueiras no primeiro sinxelo que avanza o seu próximo disco, 'Chorar, chorei'. E sen saír da 'tierriña' o dj Son1c acompáñase na voz de Alejandra Pais con 'Sementeira'. O uruguaio Jorge Drexler publica álbum, 'Taracá'. Bunbury presenta o cuarto sinxelo do seu próximo longa duración: 'La próxima vez no habrá próxima vez'. Boa 'vibra' coa banda Comandante Twin. Single de Henry Semler e Julio de la Rosa que publica elepé o próximo abril. Colaboración dos vigueses Querido co dúo madrileño Merino e avance do álbum debut de Julia de Arco.

Discussion in the ATmosphere

Loading comments...