{
"$type": "site.standard.document",
"bskyPostRef": {
"cid": "bafyreig7v3urh675np43ouxx6pctcyknp6ifnukxjikb6wdhdqqtuep7ni",
"uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mgfs66xnzxr2"
},
"coverImage": {
"$type": "blob",
"ref": {
"$link": "bafkreick6me3lel22dskxjikhpw2fqgumcko5bmtmpixpbgtngxwnic7ay"
},
"mimeType": "image/jpeg",
"size": 1597203
},
"path": "/gl/radio/podcast-musica-diez-lanzamientos-harry-styles-turizo-maluma_514993_102.html",
"publishedAt": "2026-03-06T16:00:00.000Z",
"site": "https://www.pontevedraviva.com",
"tags": [
"Radio",
"Los diez lanzamientos"
],
"textContent": "Harry Styles fíxose cun Grammy ao mellor disco do ano co seu anterior álbum. Acaba de lanzar 'Kiss all the time. Disco, occasionally', xiro, evolución?. Entre as colaboracións mainstream desta semana, está a de Manuel Turizo e Maluma en 'Apachimbao', fusión de música urbana e raíz. A catalá Bad Gyal tamén engade disco, o segundo, por nome 'Más cara', con estilos fusionados e colaboracións. E máis 'colabos', a de Funambulista e Dani Fernández en 'La última canción'. Guille Galván (Vetusta) prepara álbum debut en solitario e publicou o primeiro avance. Fangoria anunciaron novo disco e esta semana tamén avanzan o primeiro tema. Funzo, sen Baby Loud desde o ano pasado, presenta a canción 'Nena'. Engadimos EP do leonés Polo Nández, single dos composteláns Blanco Palamera e de Rodrigo Mercado, fillo do mítico Rosendo.",
"title": "'Los diez lanzamientos' 06 marzo 2026"
}