{
  "$type": "site.standard.document",
  "bskyPostRef": {
    "cid": "bafyreic67bnpu6sc7ow7zs6754zizfuzfbpaixgpz3ejx24kexdmq3x4le",
    "uri": "at://did:plc:a5hwxqdhpqu77wkw3f526vk2/app.bsky.feed.post/3mfwbr5vdrfi2"
  },
  "coverImage": {
    "$type": "blob",
    "ref": {
      "$link": "bafkreifhzgyaqwoixdk3xdwswtm5cjc6ogxgwh4hzn5mrccvhhqe6lif5q"
    },
    "mimeType": "image/jpeg",
    "size": 117880
  },
  "path": "/gl/radio/podcast-cara-marta-robles-amada-carlota_514867_102.html",
  "publishedAt": "2026-02-28T11:00:00.000Z",
  "site": "https://www.pontevedraviva.com",
  "tags": [
    "Radio",
    "Cara a cara"
  ],
  "textContent": "Volve Tony Roures ás novelas asinadas por Marta Robles. O cuarto título no que se desenvolve este ex reporteiro de guerra reconvertido en investigador privado titúlase 'Amada Carlota'. Así, outro personaxe faise máis protagonista nesta ocasión, a xuíza Carlota Aguado. De forma fortuíta descobre que a súa filla, separada ao nacer, pode ser unha nova coñecida. Será Roures, que mantén unha relación sentimental con Aguado, quen teña que resolver os interrogantes que se van producindo ao redor destas dúas mulleres. E non será a única investigación na que penetre. A autora abre esta ficción negra a homes e mulleres como Nicolás Franco, Nina Dyer, Mercedes de Grass, Rafi Escobedo, Lewis Carrol ou Dickens. A 'dark web', bebés roubados, abusos sexuais, mortes violentas, mulleres que calan, aparencias, poder... unha novela crúa amparada na realidade mesma. Falamos con Marta Robles de 'Amada Carlota' neste episodio.",
  "title": "Cara a cara #692. Marta Robles con 'Amada Carlota'"
}