Fondo Norte Podcast. O que o vento levou
Pontevedra Viva. Toda a información e última hora sobre Ponteve…
February 17, 2026
Neste episodio, o equipo de Fondo Norte Podcast, analiza o encontro entre o Club Deportivo Cacereño e o Pontevedra. O partido do fin de semana pechouse con derrota dos granates, o marcador 1-0. "Un partido marcado polo vento, un gol en propia porta e unha segunda parte onde o Pontevedra se viu superado". Sensacións do equipo, "o cansazo, as carencias no centro do campo e na dianteira", e falan tamén sobre como queda a clasificación con Ferrol, Castela e Lugo recortando puntos. Con Pablo Cacheda, Manu Quiroga, Alexandre Davila e Manu Otero.
Discussion in the ATmosphere